A natureza non é o noso WC. O WC non é a nosa papeleira

 

O proxecto Libera, encabezado por SEO/Birdlife e Ecoembes, estreou unha serie titulada A Criatura. Esta trata sobre os residuos hixiénicos que se tiran ao WC ou á natureza, os cales están a formar unha criatura que ameaza ao planeta.

https://proyectolibera.org/dondeacabalabasuraleza/wc.php#360

Parlamento Xove

Xa está aberta a convocatoria para unha nova edición do Parlamento Xove!

O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, ‘a favor’ ou ‘en contra’, en relación á cuestión formulada.

O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

 

O programa estrutúrase nas seguintes categorías:

- Categorías escolares (ESO e Bacharelato)

Poderán participar os centros educativos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e 1º e 2º de Bacharelato.

Os equipos inscritos estarán formados por 4 alumnos/as e un/unha profesor/a que será o/a corrdinador/a. En total poderán participar 48 equipos (24 por cada categoría).

O programa realizarase en dúas fases, unha primeira clasificatoria da que xurdirán 8 equipos gañadores, que se enfrontarán nunha segunda fase final. Paralelamente, desenvolverase un concurso voluntario de artigos de investigación sobre o tema formulado.

O tema de debate desta primeira fase clasificatoria será: Debería un estado establecer como obrigatoria a vacinación entre a súa poboación?

- Categoría de Universidades:

Poderán participar mozos e mozas estudantes de grao dos sete campus universitarios das tres universidades galegas matriculados/as no curso académico 2020-2021.

Nesta categoría, que non ten fase clasificatoria,  poderán participar un máximo de 8 equipos. O equipo de debate estará formado por un mínimo de 2 estudantes e un máximo de 4.

PREMIOS
Os premios serán unha viaxe valorada en 5.000 euros para cada un dos equipos gañadores das categorías escolares e en 2.500 € para o equipo gañador da categoría universitaria. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os/as mellores oradores/as e os mellores artigos de investigación en cada unha das categorías.

REGULAMENTO E INSCRICIÓNcabRegulamento boton parlamaentoxove
Descarga o Regulamento do programa para a coñecer todo o necesario sobre o proceso de inscrición e a competición: (PDF)

Formulario de participación (aberto desde o 10 de decembro de 2020 ata o 15 de xaneiro de 2021):

Formulario de participación ESO/Bach

Formulario de participación Universidade

cabcontactab copia

 

Consulta as túas dúbidas no correo parlamentoxove.xuventude@xunta.gal  ou nos teléfonos 981 545 702 e 981 544 645.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove

 

Concurso “Crea na casa”


A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o concurso “Crea na casa” que se desenvolverá a través da rede social Instagram.
Destinatarias/os:  persoas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos e seguidores de @Xuventudegalicia
Datas de realización:  do 13 ao 27 de abril de 2020
O concurso estrutúrase en dúas fases:
1) Fase de presentación de propostas: do 13 ao 22 de abril
Desenvolvemento: as persoas participantes publican unha fotografía que mostre a súa creatividade na casa durante os días de confinamento (exemplos: pratos de cociña, música, danza ou calquera disciplina creativa pero plasmada a través da fotografía) no seu perfil de Instagram (no feed, non stories) mencionando a @Xuventudegalicia no pé da foto e usando o hastang #creanacasa.
2) Fase de votación: do 23 ao 27 de abril
A persoa gañadora será elidida por votación a través da aplicación EasyPromos. Para a votación facilitarase unha URL na canle @XuventudeGalicia
Premio:  teléfono Xiaomi Redmi Note 8T.
Toda a información sobre o concurso no seguinte enlace:  BASES LEGAIS DO CONCURSO

O 17 de abril conmemórase, coma todos os anos, o Día Europeo da Información Xuvenil. Aínda que nestes momentos atravesamos unha crise sanitaria provocada polo Covid-19 que nos impide realizar unha programación física, desde a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social gustaríanos celebrar este efeméride e facelo de xeito virtual, da man dos diferentes correspondentes xuvenís e universitarios.
Deste xeito, e co obxectivo de visibilizar esta celebración, así como de destacar a importancia da información xuvenil para os mozos e mozas, lanzamos a campaña “Un minuto de información xuvenil”, coa que animamos aos correspondentes a enviar un vídeo no que, en menos dun minuto, resuman o que significa para eles a información xuvenil, así como o que están facendo neste ámbito durante esta situación de confinamento.
Os vídeos poderanse enviar ao enderezo electrónico: informacion.xuventude@xunta.gal e serán colgados na conta de Instagram da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado @xuventudegalicia o 17 de abril.
Obxectivos:
A promoción da información xuvenil entre a mocidade galega.
Dar a coñecer o traballo que desenvolven os correspondentes xuvenís.
Fomentar o coñecemento mutuo entre a mocidade a través das actuacións que fan os diferentes mozos/as, fomentando a aprendizaxe mutua, e o coñecemento doutros puntos de vista.
Poñer en valor a importancia da información como medio para acceder aos recursos, programas e actividades, garantindo deste xeito a igualdade de oportunidades.
Quen pode presentarse?
Todas e todos os correspondentes xuvenís e universitarios de Galicia.
Como participar?
Os interesados e as interesadas deberán presentar un vídeo en formato horizontal cunha duración máxima dun minutoa través do cal se comente ou mostre o que supón a información xuvenil, o que aporta, ou o que significa tamén nesta situación.
Exemplos (prégase non copialos, só están como guía):
A experiencia como correspondente permitiume poder coñecer programas de interese e desfrutalos cos meus amigos.
Participar nos encontros de correspondentes xuvenís axudoume a facer novas amizades e entender a importancia de saber comunicar.
Nestas semanas desde a casa estiven traballando nun blog para difundir a información de interese para a mocidade.
Prazos:
Os interesados deberán enviar o vídeo antes do día 14 de abril ás 10 horas, co obxecto de publicalos o día 17 de abril con motivo do Día Europeo da Información Xuvenil, ao seguinte enderezo electrónicoinformacion.xuventude@xunta.gal

Cambios no curso escolar e na ABAU 2020


A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou na Conferencia Sectorial de Educación.

No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica.

A conselleira de Educación reiterou a conformidade de Galicia co aprazamento da ABAU e co modelo de exame proposto polo Ministerio, como medidas necesarias para garantir a equidade a todo o alumnado que se presente ás probas de acceso á universidade.

Así, na xuntanza consensuouse que as datas para a convocatoria ordinaria se sitúen entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo, e para a extraordinaria antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

Canto ao exame, acordouse manter un modelo similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e aumentar a opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.
Neste sentido, a conselleira avanzou que convocará proximamente a CIUG para abordar este tema e indicou que os tres reitores do Sistema Universitario de Galicia xa lle manifestaron a súa total colaboración para garantirlle ao alumnado a equidade no acceso á universidade.

Formación Profesional
Canto á Formación Profesional, insistiuse na necesidade de garantir que todo o alumnado titule, para o que o Ministerio anunciou a publicación dunha norma que vai fundir nun único módulo os actuais de Formación en Centros de Traballo (FCT) e de Proxecto. No caso dos ciclos de grao medio e na FP Básica, onde non existe módulo de Proxecto, establecerase un traballo final.

Tes 18 anos e es cidadán da Unión Europea? Prepárate para descubrir Europa!



Que é  DiscoverEU?
DiscoverEU é unha iniciativa da Unión Europea que che ofrece a oportunidade de coñecer Europa a través da túa propia experiencia. Desprazándote principalmente en tren (hai excepcións para as persoas que viven en illas ou en zonas remotas), descubrirás as impresionantes paisaxes de Europa e a súa gran variedade de cidades e pobos.
Podes presentar a túa candidatura e se saes seleccionado gañaras un bono de viaxe.  

prazo para presentar candidaturas estará aberto do xoves 12 de marzo de 2020 ás 12.00 ao xoves 26 de marzo de 2020 ás 12.00. A partir do día 12, atoparás en https://europa.eu/youth/discovereu_es un botón para poder presentar a túa candidatura.
Para poder participar, tes que os seguintes requisitos:

- nacer entre o 1 de xullo de 2001 e o 30 de xuño de 2002 (ambos inclusive)
- ter a nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea no momento da decisión de adxudicación
- indicar o número do documento de identidade ou pasaporte válidos no formulario de candidatura  online

Despois terás que participar nun concurso (salvo se presentas a túa candidatura como membro dun grupo)
Se te seleccionan, poderás facer unha viaxe de 1 a 30 días de duración entre o 1 de xullo de 2020 e o 28 de febreiro de 2021.
Se viaxar resúltache complicado porque tes unha discapacidade ou un problema de saúde, poderás recibir asistencia para axudarche a participar en DiscoverEU.
Podes viaxar cos teus amigos?
Claro! Iso decídelo ti. Podes ir só ou cun grupo de ata 4 amigos, sempre que cumpran as condicións de admisión anteriores. Utilizarán o teu código de candidatura para presentar a súa propia.